Escrito por

Macropiscifatorías: enormes fábricas de contaminación mariña

As grandes instalacións de acuicultura provocan a emisión ao marde centos de millóns de m3 de augas contaminadas cada ano. En novembro pasado, ADEGA descrubíu que 27 piscifatorías nas bacías de Galiza-Costa, algunhas con máis de 15 anos en funcionamento e mesmo en espazos protexidos, carecían de permiso de vertido. Agora, as análises efectuadas por ADEGA revelan altísimos níveis de contaminantes nos efluentes, que nalgún caso superan en máis de 100 veces os valores máximos permitidos. Eis a realidade da acuicultura industrial en Galiza: unha actividade fortemente insustentábel que contamina os mares máis limpos e produtivos e degrada valiosas paisaxes costeiras a cambio de inxentes subvencións públicas e unha ínfima criazón de postos de traballo.

 

 

Este feito, alén de supoñer un flagrante imcumprimento da normativa legal, significa que ningúen controla se a calidade dos vertidos destas instalacións respectan os límites legais para a protección do medio acuático e a saúde. As augas que se verten ao mar procedentes do circuito produtivo das piscifatorías teñen unha alta carga orgánica e levan disoltos antibióticos usados para tratar as enfermidades dos peixes, alén doutos produtos químicos usados na limpeza dos tanques e outros procesos:

Listaxe das principais substancias químicas utilizadas no proceso produtivo: Hipoclorito, Formol, Amonio cuaternario, Ozono, Hidróxido sódico, Tiosulfato sódico, Ácido fórmico, Tricloruro de ferro, Manganeso sulfato monohidrato, Zinc sulfato heptanidrato, Sulfato de cobre, Sulfato de cobalto, Molibdato de sodio, Fluoruro sódico, Nitrato sódico, Potasio hidróxeno ortofosfato, Ácido etildiaminotetraacético, Ácido bórico…

Listaxe dalgúns antibióticos: Flumequine, Ampicilina, Streptomicina, Furazolidona, Oxitetraciclina, Oxivirin, Furaltadona, Sulfametoxazo…

Residuos destas substancias, trazas e metabolitos dos antibióticos, larvas e parasitos dos peixes cultivados, xunto coa importante carga orgánica que se xenera nas etapas de cría e engorde, son incorporados aos efluintes que se liberan sen depurar ao medio mariño. Na maioría dos casos, a única medida de “depuración” á que se someten as augas contaminadas é unha malla metálica de 1 milímetro de paso (datos da documentación oficial do estudo de impacto da piscifatoría de Piñeira, en Ribadeo, que se atopa en tramitación).

 

muxos2.jpg

A meirande parte das instalacións de acuicultura industrial non dispoñen de instalacións de depuración axeitadas para tratar os millóns de metros cúbicos de augas contaminadas que producen anualmente. A este respeito, poñemos en cuestión os datos e análises comparativas aportadas por algunhas das principais empresas do sector, que amosan unha total coincidencia entre os valores analisados para os vertidos da planta e auga de admisión (auga limpa). Resulta de todo punto imposible que os efluintes do proceso produtivo, sen estar sometidos a ningún tratamento físico-químico, ou no millor dos casos a un simple proceso de decantación (só para as augas residuais asimilábeis ás urbanas), amosen a mesma calidade que a auga de mar limpa.

 

Para poñer en cuestión estas falsas afirmacións, das que mesmo fachendean algúns directivos do sector, ADEGA encargou analíticas das augas de vertido para comparalas cos límites de emisión vixentes legalmente. Realizouse unha toma de mostras por duplicado dos efluentes á saída dos colectores da piscifatoría de Quilmas (Carnota) e da auga do mar próxina ao punto de captación. muxos.jpgO proceso de recollida e a manipulación das mostras fíxose conforme aos protocolos establecidos polo Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC. As mostras foron enviadas tanto a este laboratorio como ao dependente do Departamento de Enxeñería Química da Universidade da Coruña para analisar diferentes parámetros.

 

Os resultados amosan ben ás claras o altísimo grao de contaminación destes efluentes: A mostra recollida no vertido da piscifatoría de Quilmas, supera os valores máximos permitidos no Real Decreto 509/1996 (que desenvolve o Real Decreto Lei 11/1995 que á súa vez incorpora ao ordenamento xurídico español o contido da Directiva 91/271/CEE) para os seguintes parámetros:

loadInifniteAdd(44636);

DQO, que acadou un valor de 8635 mg/L fronte aos 125 mg/L fixados na Lei.

SST, que acadou un valor de 4850 mg/L fronte aos 35 mg/L establecidos pola Lei.

NTK, que acadou un valor de 413,14 mg/L fronte aos 15 mg/L fixados pola Lei.

DQO: Demanda Química de Osíxeno. É o contido total de materia orgánica.

SST: Sólidos en Suspensión Totais

NTK: Nitróxeno total -nitróxeno Kjeldhal total-. Indica a posibilidade de eutrofización.

loadInifniteAdd(44637);

Como amosan estes datos, os compostos nitroxenados nos vertidos superan en 27 veces os límites legais, a cantidade de materia orgánica sobarda en 69 veces os valores máximos e a taxa de sólidos en suspensión multiplica por 138 a máxima permitida.

Esta é a realidade da acuicultura industrial en Galiza: unha actividade fortemente insustentábel que contamina os mares máis limpos e produtivos e degrada as paisaxes costeiras máis valiosas a cambio de inxentes subvencións públicas e unha ínfima criazón de postos de traballo.

ADEGA reclama da Xunta de Galiza a regularización das instalacións xa esistentes para obrigalas cumprir a lei. A mensaxe debe ser clara: débense establecer xa as medidas de depuración axeitadas para deixar de contaminar, ou en caso contrario deixar de producir.quilmas3.jpg

E con respeito ano novo Plano Sectorial de Acuícola, ADEGA esixe que se elabore con criterios de sustentabilidade ambiental e social: non deben permitirse instalacións sobredimensionadas que ocupen ou poidan afectar a espazos de alto valor natural; as prantas deberían contar con sistemas de depuración axeitados para o tratamento dos efluentes; e sobre todo a administración debería garantir o estrito cumprimento da legalidade ambiental e non mirar para outro lado mentres paga a Stolt e a Pescanova o 50% do investimento con cartos públicos.

No entanto, ADEGA aposta por recuperar a capacidade produtiva da nosa costa e das nosas rías afectadas por continuos vertidos, sentinazos, urbanismo depredador… en definitiva, coidar o noso mar antes de darlle as costas e plantexarnos cultivar os peixes na terra.

 

loadInifniteAdd(50325);

Vía: Adega